Xornalismo

Xornalismo

Colaborou nos principais xornais galegos: La Noche (inicio da súa carreira literaria en 1948) La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, La Región, ou Faro de Vigo e participou nos programas de radio Sempre en Galicia e na Emisión Bazar de RNE en A Coruña. 

Nos seus artigos tratou temas com o papel das mulleres na literatura galega ou a evocación da cidade de Ourense e a súa cultura. Reflexionou sobre a necesidade de ampliar a literatura infantil e xuvenil en galego e publicou en defensa e dignificación da lingua. Asemade, reflexionou sobre a literatura contemporánea e a memoria e identidade do pobo galego.